HomeResultados ligas Benxamín e Alevín

Club Marina Ferrol - Noticias

Resultados ligas Benxamín e Alevín

Celebrouse a 4ª xornada de Liga Benxamín e Alevín na piscina de Caranza, cunha gran melloría nunhas probas complicadas como bolboreta, e que tiveron unha destacada actuación, así en Benxamíns: Pelayo Ruiz 1º en 100 bolboreta e 2º en 50 costas, Daniel Ardao 3º e Iago Villarino 4º en 100 bolboreta;  Carmen Jimenez 2ª, Laura Primoy 3ª e Ariadna Anido 4ª en 100 bolboreta; David Carpintero e Javier García 1º e 2º en 50 bolboreta; Ariadna Anido foi 1ª en 50 costas. Nos relevos quedaron primeiros en masculino e feminino de 4x 50 bolboreta e en 4 x 50 costas masculino tamen primeiros. Noraboa!!! Ver resultados benxamín.

A continuación celebrouse a categoría Alevín,destacando: Anton Lobeiras 3º en 200 bolboreta;  Naila Rañales 1ª e Marta Pereira 3ª en 200 bolboreta; Esteban Gómez 1º e Anxo Picos 2º en 100 bolboreta; Sara Castro, María Espiñeira, Adela Ardao e Estela Ru Rico foron 1ª,2ª,3ª e 4ª en 100 bolboreta; Andrés Vilaboy 2º en 100 libre; Marta Pereira 1ª e Uxia Anido 3ª en 100 libre. Nos relevos 4 x 100 costas foron primeiros tanto en masculino como feminino. Noraboa a tod@s!!! Ver Resultados alevín.

 A vindeira competición 5ª xornada, en Batallóns o día 16 de marzo. Máis e mellor. #vamosmarina

Agradecimiento especial

Patrocinadores