HomeWaterpolo.-Resultados Cto Galego Cadete Mixto

Club Marina Ferrol - Noticias

Waterpolo.-Resultados Cto Galego Cadete Mixto

Esta fin de semana disputouse en Ferrol o Campionato Cadete Galego de Water-Polo de inverno. Coa participación de 6 equipos, o sábado disputouse a fase de grupos que determinou os emparellamentos polas posicións finais que se disputaron o domingo. O 5º e 6º posto foi disputado polo RCN Vigo B ye o anfitrión CM Ferrol, con vitoria para os locais por 1-11. A loita polo bronce foi entre o CN Coruña e o CW Santiago, con vitoria para os de A Coruña por 10-7. A final foi disputada polo CW Pontevedra e RCN Vigo A, sendo este el partido o máis igualado do campionato, finalizando con vitoria para o RCN Vigo por 8-9, nunha disputada final. A continuación, entregaronse as medallas e trofeo o campión, a cargo do Concelleiro de Deportes, D. Jesús Basterrechea, Presidente da FEGAN, D. Carlos Touriño, o Vocal de Waterpolo da FEGAN, D. Pedro Fernández a compañados por directivos do clube. Ver resultados e clasificación

Agradecimiento especial

Patrocinadores