FEGAN - Aviso Legal.
Tras darse a coñecer que a última etapa da IX Copa de España Open RFEN de Augas Abertas será no Encoro de Castrelo de Miño. Os encargados da organización (RFEN Aquatics) Alberto Indarte e Sergio De La Calle, estiveron hoxe no concello de Castrelo de Miño para avanzar no traballo de organización. Reunironse con Avelino Pazos, Alcalde de Castrelo de Miño; José Antonio Ferreiro, Concellal de Castrelo de Miño e Gabriel González, da Deputación de Ourense acompañados por Juan Carlos Brión, presidente da FEGAN e Santiago Escudero, presidente do club organizador, CN Pabellón Ourense.
O 21 de setembro, o Encoro de Castrelo de Miño (Ourense) será a sede da Etapa Final da IX Copa de España Open RFEN de Augas Abertas organizada pola RFEN Aquatics, a Federación Galega de Natación e o CN Pabellón Ourense, co apoio das institucións locais, Xunta De Galicia, Deporte Galego e Deputación de Ourense.
Hoxe celebrouse en Ourense a 3ª xornada da Copa Galega de Natación Artística Promoción e a 3ª xornada da Liga Galega de Figuras.
En Categoría Alevín as Campionas Galegas foron:.
1ª - Laura Araujo de CN Sincro Ourense
2ª - Mariña Calvo de C Galaico Sincro
3ª - María Santos de CN Sincro Ourense
En Categoría Infantil as Campionas Galegas foron:.
1ª - Alejandra Baliñas de CN Sincro Ourense
2ª - Candela Pazo de RCN de Vigo
3ª - Carmen Fuertes de CN Sincro Ourense
Os días 17, 18 e 19 de maio, celébrase no C. N. Santa Olaya a XXXVII edición do Trofeo Internacional Villa de Gijón no que competirán 9 dos compoñentes do CGTD.
Os seleccionados para participar son os nadadores de categoría junior e absoluta, que teñen beca de tecnificación ou rendimento no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.