O Concello de Ferrol en colaboración coa FEGAN - Federación Galega de Natación, retoma este mes a celebración da Travesía de Ferrol, que leva o nome de ABELARDO LÓPEZ, un dos precursores do nado de longa distancia no noso país.
Este ano a proba está orientada para ser incluída o próximo ano no circuíto galego de augas abertas, e por iso, desde o punto de vista organizativo, efectuáronse cambios con respecto a anos anteriores.
É unha proba que levase a cabo nun escenario excepcional para os nadadores e para o propio público asistente, dado que as instalacións da Armada no Arsenal de Ferrol son monumentais, e o feito mesmo de nadar preto, e entre os barcos de guerra que alí se atopan atracados, é unha oportunidade única.As diferentes categorías, federadas e populares, así como as tres distancias contempladas, permiten a asistencia dunha ampla gama de nadadores e afeccionados á natación.
Deixámosvos a ligazón ás normas da competición, así como unha pequena selección fotográfica dunha travesía anterior, que xa se efectuou no Arsenal Militar de Ferrol.
As inscricións, conforme se detalla nas normas/regulamento, realizaranse no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. , atopándose o prazo xa aberto.