Club Marina Ferrol - Noticias
TEMPERATURA AGUA PISCINA MUNICIPAL E FUNCIONAMENTO DAS DUCHAS

Estimados socios:
Ao longo do presente curso transmitimos á concellería de deportes de Ferrol as queixas que nos iades facendo sobre o problema recorrente da temperatura da auga da piscina pequena e o mal funcionamento dos quentadores, na instalación municipal de Caranza.
Comunícanos agora o concelleiro Sr. Aldrey, que a semana que vén vai proceder á instalación dun novo elemento que pensan solucionará o problema da temperatura.
Pedímosvos que non deixedes de indicarnos todo o que entendades que é oportuno para que os bebés e os seus acompañantes poidan gozar como corresponde da actividade, e para poder facer un seguimento adecuado das actuacións que poida levar a cabo o Concello de Ferrol ou constatar a pasividade do mesmo.
Atentamente,
A XUNTA DIRECTIVA.
LA JUNTA DIRECTIVA.
NICO ASTIGARRABÍA COA SELECCIÓN NACIONAL

Nicolás Astigarrabía Rodríguez foi convocado á concentración de preparación xeral da selección nacional, que se vai celebrar no centro de alto rendimiento de Sant Cugat (CAR) os vindeiros días 9 a 13 de decembro.
O medallista e campión nacional do Club Marina Ferrol está a recoller os froitos do seu traballo na pasada tempada.
Noraboa Nico e familia.
SEGUNDA XORNADA LIGA MASTER

Xa van dúas xornadas máster da liga da FEGAN - Federación Galega de Natación, a primeira tivo lugar na piscina de Xove, e a segunda no día de onte na piscina municipal de Ferrol.
Cando teñamos os resultados poñeremos aquí unha ligazón:
COPA DE ESPAÑA DE SEGUNDA DIVISIÓN. Fase territorial.

O noso equipo feminino desplázase a Pontevedra esta fin de semana para disputar a Copa de España de segunda división na súa fase territorial.
A competición é organizada polo club Club Natación Galaico na piscina Rías do Sur, e ten lugar o sábado e domingo en sesións de mañana e de tarde.
Moita sorte a todas¡¡¡
1ª XORNADA LIGA INFANTIL 24-25

Equipo infantil 1ª xornada
Onte, na piscina do Club Fluvial de Lugo, principió a liga infantil nesta tempada 24-25. Nas ligazóns de máis abaixo tedes as series e os resultados (cando sexan remitidos polo club organizador).
#yosoydelMarinaFerrol
