Club Marina Ferrol - Noticias
XORNADA DA LIGA FEGAN 5ª BEXAMÍN E 4ª ALEVÍN.
Mañá á mañá temos na piscina de Batallones (Armada) xornada das ligas da FEGAN - Federación Galega de Natación, nas categorías benxamín (5ª xornada) coma alevín (4ª xornada). Estades todos convidados¡¡¡.
Alevíns quecemento 8:30 competición 9:30 am.
Benxamíns quecemento 11:00 competición 12:00 am.
Entrada instalación 8:00 am.
Series:
CAMPIONATO GALEGO XUVENIL WÁTER-POLO.
Ferrol, 24 de febreiro de 2024.
Onte á tarde celebrouse na piscina municipal de Ferrol o campionato xuvenil de inverno de wáter-polo, que daba dereito ó campeón a participar no campionato de España da categoría.
Gañou o mesmo o Waterpolo Coruña Rías Altas, segunda posición para o Club Marina Ferrol, e terceiro o Club Waterpolo Pontevedra.
4ª XORNADA BENXAMÍN.
Equipo benxamín do club que participou na 4ª xornada
Onte á tarde celebrouse na piscina de A Gándara e organizada pola AD Náutico de Narón, a 4ª xornada da liga da FEGAN - Federación Galega de Natación, participando os equipos do Club Natación Ferrol, CLUB NATACIÓN CEDEIRA, AD Náutico de Narón e Club Marina Ferrol.
Tan pronto teñamos os resultados os publicaremos neste mesmo post.