HomeRes.-3ª xornada Copa de Clubes

Club Marina Ferrol - Noticias

Res.-3ª xornada Copa de Clubes

Sensacional 3ªxornada a vivida na piscina do complexo Alvaro Pino de Ponteareas, da Copa Galega de Clubes. O Marina partía na 4ª posición, pero cun equipo moi motivado que prepararon esta xornada para buscar a fase de ascenso, e evitar a fase de permanencia ainda que fora a costa dos nosos veciños o ADN Narón.  O adestrador Ito moveo as suas pezas e acadaron varios primeiros postos en varias probas que foron fundamentais, 6 probas de 14 disputadas, e postos de privilexio: Así Estela Porta, foi 1ª 50 costas, Alberto Fernández  1º en 100 bolboreta e 2ª en 200 estilos; Mateo Bruquetas 2º en 100 bolboreta; Bárbara Cabadas 1ª en 200 estilos; e Luis Suárez 1º 50 libre e 50 costas e o 1º posto do relevo 4 x 100 libre masculino. FANTÁSTICO CHIC@S!!! UN EQUIPAZO, FELICIDADES!!!

Ver Resultados

Puntuación final da 3ª xornada foi: 1º Marina Ferrol 298.5 puntos, 2º CN Cidade de Santiago 240 pts.; 3º CN Arteixo 227 pts; 4º ADN Narón 223pts. Ver puntuación.

Con estos resultados, o Marina finaliza 3º na clasificación de grupos con 13 puntos por detrás de Santiago con 17 pts y RCN Vigo con 14 pts, que se xogaran o ascenso na fase final, mentras o Náutico Narón buscará a permanencia diante CNArteixo e CN Ponteareas. A xornada final será o 4 de maio, posiblemente en Santiago

Agradecimiento especial

Patrocinadores

Acceso